A oficina municipal de información ao consumidor de Chantada non ten constancia nin rexistro de ningunha queixa ou denuncia en relación ao período de rebaixas, nin tampouco ao cumplimento da nova lei Antitabaco. Trátase de dous temas de actualidade, as rebaixas pola entrada en vigor da nova lei do Comercio, pola que a Asociación de Empresarios de Chantada xa amosou o seu agrado; e a lei Antitabaco, pola recente entrada en vigor e consecuente prohibición de fumar nos establecementos hostaleiros. Deste xeito, tal e como informaron responsables da oficina, as rebaixas están a discorrer con toda normalidade e sen incidencias nos consumidores. Pola súa parte, os fumadores tamén semellan acatar a lei, xa que polo momento non se recolleu ningunha denuncia. Neste senso foron moitos os hostaleiros que optaron pola colocación dun cinseiro no exterior.
Últimas noticias sobre SERVICIOS
• A Seguridade Social dá servizo nas súas dependencias de Monforte a unha poboación de máis
A Xunta de Goberno Local de Sarria vén de aprobar nunha sesión extraordinaria e urxente a
• O Centro de Atención a Maiores de Ribas de Sil, o noveno da rede provincial
O programa da Xunta ‘Coidados Porta a Porta’ visitará de novo o Concello de Bóveda no
• Deputación de Lugo, Xunta de Galicia e Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana activan