UGT Lemos ven de dirixirse días atrás ao Comisario Xefe de Monforte para que investigase que persoas e con que autorización estiveron a levar maquinaria de Cerámica O Castelo. Segundo explicou o secretario xeral do sindicato, Mario Docasar, a Policía debería ademais dobrar a vixiancia en ditas dependencias, xa que nas últimas semanas chegaron a levar un camión e outra serie de maquinaria de gran valor e tonelaxe para a que faría falla empregar unha grúa. Pola súa parte, os feitos xa foron postos en coñecemento do Fiscal mentras que o sindicato agarda agora que sexan identificados os culpables e que o valor da maquinaria roubada revirta nos empregados, xa que no seu momento estes só cobraron do Fogasa. Asimesmo, dende a UGT tamén esperan que a Policía interrogue ao depositario da maquinaria, que é o antigo propietario.
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
• Os recursos públicos distribuense entre os 67 concellos da provincia tendo en conta criterios como
• O conselleiro do Medio Rural, José González, lembrou que o seu departamento destina para o
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca vén de anunciar en rolda de prensa o convenio
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, visitou as instalacións da empresa
• En 2023 desenvolveranse catro rutas gastronómicas dende Irún, Pamplona, Sevilla e Valencia con meta en