Un apoio ás obras de interese veciñal

A dispersión no rural implica unha enorme dificultade económica e loxística para achegar servizos a todos os fogares e loitar contra o grave problema do despoboamento. Sen embargo, os escasos veciños das parroquias, demandan os servizos que lles corresponden nun histórico intento por achegarse ás condicións da vida dos núcleos urbáns na medida do posible.

A dotación de servizos ás pequenas colectividades faise case imposible para uns concellos endebedados e con acusadas dificultades de finanzamento, que recurren a fórmulas de cooperación que veñen de entidades supramunicipais. Un exemplo de cooperación cos concellos son os Plans de comunidades veciñais da Deputación, mediante os cales se fan realidade pequenas obras de interese para comunidades que, non por pequenas, deben ser desatendidas.

Lucenza, Anllo e Arxemil

No ano 2010 os veciños de Sober viron concedidas tres obras vinculadas ao plan de comunidades veciñais impulsado pola Deputación na súa estratexia de cooperación cos concellos. Unha vez máis estas concetráronse no rural, onde a vida comunitaria é activa e require de servizos. O formigonado do camiño da fonte e o campo da Lucenza recibiu 9.000 euros de 12.000 que ten presupostados.

Da mesma maneira, os veciños de San Martiño de Anllo, organizados en asociación, ven posible a súa vella demanda de arranxar a fonte do Barreal, cun investimento de 1.600 euros, dos que 1.200 foron aportados pola institución provincial. Por outra banda, as traídas de augas veciñais de Arxemil precisaban dun arranxo, xa que estaban a crear problemas de abastecemento aos veciños. Coa pequena subvención de 6.000 euros conseguen a meirande parte dos 8.000 que presupostan para a posta ao día deste básico servizo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Animación sociocultural en todo o concello de Bóveda

Seguinte Nova

Receitas de cociña a partir das sobras

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: