A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, escolleu Chantada para presentar unhas xornadas de música tradicional e tamén para levalas a cabo, os pasados 30 de xaneiro e 3 de febreiro. Deste xeito, ao curso gratuito de canto tradicional e tamén aos dous concertos didácticos adicados a escolares celebrados na Casa da Música, asistiron numerosos alumnos. Pola súa parte, o curso estivo aberto a todo o público, e nel Xela Conde afondou nas técnicas de canto e pandeireta, e na técnica vocal ensinando aos alumnos distintas pezas do repertorio de música tradicional elexido para a ocasión.
Mentras tanto, no concerto didáctico de música tradicional contouse coa presenza de nenos de 5º e 6º de primaria dos colexios Eloísa Rivadulla e Xoán de Requeixo, no que fixeron un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron a historia da música galega a través de imaxes, sons e explicando instrumentos como a zanfona, gaita, acordeón, requinta, tamboril, pandeireta e pandeiro, entre outros. Neste caso, o concerto estivo guiado polos profesores da Tradescola, Luis Correa, “O Caruncho”, e Xosé Lois Romero.