Aprobada a liquidación da Fundación Tor

Gómez Besteiro e os demais asistentes no Pazo de Tor. EC

O Centro Cinexético volta a ser propiedade da Deputación

•Na quinta reunión do Padroado da Fundación do Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia, celebrada fai unhas semanas e presidida polo presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, acordouse por unanimidade a liquidación económica desta entidade. Deste xeito, a titulariedade da propiedade de Tor pasará a corresponder ao organismo provincial. Con isto, Gómez Besteiro quixo destacar que “a Deputación de Lugo e a provincia recupera de novo para o seu patrimonio e para o de todos os lucenses a propiedade de Tor”. Agora, despois de enviar o acordo da liquidación á administración autonómica para que esta o ratifique, só queda agardar a que a Consellería de Medio Rural formalice unha resposta antes de tres meses. De non ser así, considerarase que a Consellería dá a razón á Deputación. Na reunión tamén estiveron presentes o Secretario Xeral Técnico da Consellería de Medio Rural, Jorge Atán; o Director Xeral de Conservación da Natureza e o Xefe Territorial autonómico, Ricardo García e Ramón Carballo; o Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antón Bao; e os Deputados de Gandeiría e Urbanismo, José María Arias e Miguel Ángel Sotuela; e o Secretario da Fundación, Faustino Martínez.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Convocatoria cultural e axudas por fillo menor en Monforte

Seguinte Nova

Obradoiro de cultura urbana en Monforte

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss