Feijóo e Barreiro presentan en Chantada aos candidatos do PP na comarca

Alberto Nuñez Feijoo e os candidatos presentados no acto celebrado en Chantada. PPL

 

O presidente dos populares lucenses calificou de “ineficaces” ao goberno bipartito e ás opcións independentes

•Nunha xuntanza celebrada en Chantada, o presidente dos populares lucenses, José Manuel Barreiro, presentou aos candidatos á alcaldía dos concellos da comarca para as vindeiras eleccións municipais Barreiro, que estivo arroupado por Alberto Núñez Feijóo e Samuel Juárez, entre outros cargos do partido popular, aproveitou o evento para criticar con dureza a política local. Barreiro afirmou que “os bipartitos resultan moi caros ademais de ineficaces”, ao tempo que sinalaba que “tanto os independentes como as coalicións non deron bo resultado en Chantada”. O esquema de candidatos do Partido Popular na área central de Lugo presenta unha ampla diversidade, xa que aglutina tanto candidatos que repiten como novas propostas. A continuidade amósase nos que aspiran a repetir mandato, como no caso de Antas de Ulla con Javier Varela Pérez, licenciado en Dereito e funcionario de carreira, alcalde de Antas dende 1998, ou en Carballedo, onde o veterano Julio Yebra- Pimentel Blanco opta á continuación na alcaldía que xa ocupa dende 1983. Pola súa parte, Chantada é un dos concellos que conta con novidade, ao escoller como cabeza de lista a Ramón Fernández Reinoso, nado en Sabadelle (Chantada) hai 34 anos.Fernández Reinoso, empresario do sector agrícola, culmina así moitos anos de militancia nas filas dos populares. Estrea tamén a do candidato por Palas de Rei, Pablo Taboada Camoira, diplomado en Empresariais e funcionario de carreira, que preside dende 2008 o comité local. O alcalde de Taboada dende 2009, Ramiro Moure Ansoá, encabeza por vez primeira a lista do PP neste municipio na próxima cita electoral. Pola súa parte, repite como cabeza de lista por Monterroso José Rojo Núñez, capataz agrícola que xa se presentou no 2007, e na actualidade é voceiro do grupo municipal. Dende 2007 preside o comité local e en 2009 incorporouse á executiva provincial. En Portomarín repite como candidato Juan Serrano López, de profesión gandeiro, e que foi cabeza de lista nos comicios do 2007. Os candidatos populares para Quiroga e Terra de Lemos serán oficialmente presentados nun próximo evento.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Recuperación dos camiños de romeiros Flashes á capela do Faro

Seguinte Nova

Novas piscinas para Chantada

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: