Monforte seguirá a custodiar o legado histórico vinculado ao tren

Os representantes das diversas institucións vinculadas nos proxectos da Fundación dos Ferrocarrís Españois de Monforte. LB.

A Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril presenta un dvd conmemorativo dos 125 anos da liña en Monforte

•A sede da Asociación Mon- fortina de Amigos do Ferro- carril (Amafer) acolleu re- centemente un acto no que se procedeu á firma da reno- vación do contrato de cesión dos cadros que compoñen a pinacoteca ferroviaria da aso- ciación, así como a presenta- ción dun DVD coas imaxes do 125 aniversario. Deste xeito, o acordo firmado servi- rá para que a Fundación dos Ferrocarrís Españois sexa a encargada de xestionar todo tipo de iniciativas e activida- des relacionadas coa cesión e conservación do material fe- rroviario histórico. Por outra parte, durante o acto tamén se presentou un DVD que recolle imaxes dos actos celebrados con motivo do 125 aniversario da chega- da do ferrocarril a Monforte. A asociación editou un cento de copias que serán distribui- das entre os socios e as dife- rentes entidades que colabo- ran na organización dos actos do 125 aniversario. E xa por último, durante o evento ta- mén se firmou un acordo polo que se prolonga durante dous anos máis a cesión da colec- ción de pinturas de tema fe- rroviario que acolle a sede da asociación monfortina. Ao acto asistiron o alcalde de Monforte, Severino Ro- dríguez, o director xerente da Fundación dos Ferrocarrís Españois, Jaime Barreiro Gil, o director xurídico da Funda- ción dos Ferrocarrís Españois e propietario da colección de cadros obxeto do convenio, Luís Díaz-Guerra Álvarez, e o presidente de Amafer, Fermín Avellaneda Vázquez.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Impostos e taxas municipais na rúa: os sarrianos opinan

Seguinte Nova

Convocatoria cultural e axudas por fillo menor en Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: