Novo aspecto para o campo do Sangoñedo

• O campo de fútbol do Sangoñedo, en Chantada, acaba de ser renovado. Tal e como indicou o concelleiro de Deportes, Ildefonso Piñeiro, trátase dun campo que tivo problemas dende a súa creación. Isto é debido a que na superficie empregouse un producto, que aínda que no resto de Europa funciona bastante ben, en zonas como Galicia “non é nada efectivo, polo que co paso do tempo o caucho estropéase ata que se fai necesaria a súa sustitución”. Deste xeito, “o que se fixo foi retirar todo o caucho que había e botar varias toneladas doutro novo”, explicou Piñeiro. Trátase dun convenio firmado coa Deputación de Lugo, cun custe aproximado de 35.000 euros. Con anterioridade, xa se instalaron asentos novos nas gradas do estadio. Pola súa parte, as tarefas de reparación están totalmente rematadas, polo que os usuarios do campo xa acuden a el con normalidade.

Campo do Sangoñedo. SN

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Entroido Ribeirao con Volantes e Peliqueiros

Seguinte Nova

Recuperación dos camiños de romeiros Flashes á capela do Faro

Últimas noticias sobre DEPORTES

Novo ciclo para o Club Lemos

O Club Lemos estrea directiva con Antonio López como Presidente. Unha das súas primeiras decisións foi nomear a Óscar Moure como Director
Ir aInicio

Don't Miss