•O Centro Comercial Urbano de Monforte ven de celebrar unha asamblea xeral na que, entre outras cousas, trataron os seguintes asuntos: a protección das zonas peonís no casco histórico coa colocación de bolardos, a zona ORA, e o control de cargas e descargas. O CCU fixo así varias peticións ao Concello de Monforte, tales como o funcionamento do servizo público de estacionamento limitado que obrigue a pagar unha pequena taxa para poder aparcar nalgunhas das rúas máis comerciais da cidade e tamén un control efectivo por parte da Policía Municipal das zonas de carga e descarga. Segundo explicaron dende o Centro Comercial Urbano, ata hoxe ditas iniciativas quedaron en conversas co alcalde e con algúns dos concelleiros, polo que pediron o cumprimento destas iniciativas o antes posible para poder mellorar así os servizos na cidade.
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
Non se pode dicir que Monforte sexa unha cidade na que historicamente se dedicou atención ao
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Por Gonzalo L. Torres Alá polo mes de novembro fallábase unha nova edición dos premios Semente,
O Concello de Monforte contou con dobre participación no II Encontro Estatal Gobernos Locais e Cooperación
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado do delegado territorial da Xunta en