• O Concello de Quiroga ven de editar o folleto da presentación da programación cultural para os meses de febreiro a xuño. As actividades nel recollidas son as alternativas ofertadas aos veciños para o tempo de ocio e lecer froito da coordinación entre os distintos servizos municipais, encargados cada un deles dun sector poboacional: muller, xuventude, infancia, terceira idade, etc.
Deste xeito, en primeiro lugar dende o Centro de Información á Muller explicaron que este mércores levarán a cabo un obradoiro de sensibilización no CEIP de Quiroga con motivo do “Día Internacional da Muller”, ademais dunha exposición de Mulleres Pinto- ras que será inaugurada o venres 4 de marzo. E todo isto, amaiores das rutas de sendeirismo “Coñece o teu contorno”, da organización de exposicións, e xornadas de cata. A parte disto, o CIM de Quiroga organizou xa un obradoiro de risoterapia a pasada fin de semana ao que acudiron unha decena de mulleres, que entre outras cousas practicaron téc- nicas para aprender a relaxarse e a rirse.
Pola súa parte, entre o resto de actividades destacan obradoiros de distintas disciplinas, teatro, animación infantil, animación á lectura participando no Programa “Letras Vivas” da consellería de Cultura, cursos de formación, actividades deportivas para todas as idades, música, baile, etc. Un amplo abano de posibilidades lúdicoformativas para todos os quirogueses.