Obradoiro de cultura urbana en Monforte

Tres meses de actividades para os xóvenes

•Durante os meses de marzo, abril e maio o concello de Monforte acollerá a celebración dun obradoiro de cultura urbana, dirixido á mocidade de entre 12 e 30 anos. A actividade foi dada a coñecer dende a concellería de Xuventude. Trátase dunha programación de sesenta horas de actividades relacionadas coa cultura urbana, e os interesados en participar poderán anotarse na oficina da xuventude. O obradoiro contará con 25 prazas que se cubrirán por rigoroso orde de inscrición e con preferencia para os censados en Monforte. Segundo explicou a concelleira de Xuventude, Estrella Formoso, o obradoiro será gratuíto grazas a unha subvención da Vicepresidencia Terceira da Deputación, e as actividades a desenvolver serán o breakdance, o beatvox, o rap e o skate, entre outras. A iniciativa volve a repetirse tralo éxito acadado o ano pasado e tamén debido á gran e continuada demanda por parte da mocidade.

Pola súa parte, a dirección do obradoiro correrá a cargo de Pablo Castiñeira, da Asociación Cultural e Deportiva Vella Escola, que traballa a nivel galego con actividades non institucionalizadas nin normalizadas. Castiñeira indicou finalmente que o obradoiro terá un compoñente teórico-práctico no que se introducirá aos participantes na cultura hip-hop, e no que se lles proporcionará información para desenvolver a actividade que prefiran. As clases celebraranse en horario de tarde todos os venres de marzo, abril e maio, cunha duración de tres horas diarias.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aprobada a liquidación da Fundación Tor

Seguinte Nova

Julio Álvarez, candidato do PP nas municipais de Quiroga

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: