•O concello de Chantada é un dos 123 municipios galegos que ven de beneficiarse das axudas que xestiona Medio Rural para municipios de Rede Natura 2000. Segundo a resolución publicada no Diario Oficial de Galicia, a capital do Asma recibirá 8.471,35 euros este 2011, que serán destinados á recuperación dos antigos camiños de romeiros á capela do monte Faro. Xa no ano 2010, o concello de Chantada beneficiouse dunha axuda semellante, polo que a contía total destes dous anos ascende a 16.942,71 euros. Con estas axudas, dende a Consellería de Medio Rural preténdese contribuír á biodiversidade de cada lugar, ademais de conservar os ecosistemas, ou neste caso os camiños tradicionais, de alto valor natural e histórico. É preciso ter en conta que a romería do Monte Faro reúne cada ano a centos de persoas que transitan por estes camiños en peregrinación á capela.
Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS
O presidente, José Tomé Roca, comprobou o avance dos traballos na LU-P-0901 entre os quilómetros 8,3
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou un novo investimento que supera os 800.000€
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de presentar nunha rolda de prensa o anteproxecto
A Xunta de Galicia anunciou que, nas próximas semanas, iniciarán as obras de restauración do claustro