• O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, anunciou que a Deputación aprobará neste mes de marzo o plan de Comunidades Veciñais de 2011 co que aumentará a cooperación cos Concellos, e que está dotado con 2,3 millóns de euros. En total, os Concellos da provincia presentaron unhas 600 solicitudes para obras que suman preto de 4,8 millóns de euros. A cantidade que achega a Deputación supón algo máis do 65% do investimento total das obras, de xeito que as axudas que se concederán para calquera das actuacións non superará os 12.000 euros. Precisamente, nunha das últimas Xuntas de Goberno, aprobouse o maior número de obras correspondentes vinculadas ao plan do ano 2010, co que se subvencionaron 298 actuacións. Pola súa banda, o concello de Pantón é un dos beneficiados deste plan de Comunidades Veciñais, xa que con preto de 3.000 habitantes fixo á Deputación 12 solicitudes por valor de 64.462 euros. Hai que dicir que esta iniciativa súmase a outras que o organismo provincial puxo en marcha para aumentar a colaboración cos municipios e aumentar a obra pública na provincia. É o caso do Plan de Pequenas Infraestruturas para Concellos de menos de 5.000 habitantes, do que o ano pasado se beneficiaron 41 entidades locais, e que este ano terá un maior investimento; en total, 1.072.000 euros.
Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca vén de anunciar en rolda de prensa o convenio
O concello de Pantón informa do remate das obras de abastecemento de auga, que iniciara no
A Xunta de Goberno Local de Sarria vén de aprobar nunha sesión extraordinaria e urxente a
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, recibiu 7 ofertas de
• Esta intervención constitúe un auténtico fito nunha cidade que historicamente foi urbanisticamente por detrás dos