•O Concello de Pantón é outro dos municipios beneficiados polas axudas que xestiona a Consellería de Medio Rural para concellos integrados na Rede Natura 2000. Neste senso, para a recuperación e adecuación de camiños percibirá este ano 2011 unha axuda de 10.051,14 euros, cifra similar á percibida no 2010. Con isto, a suma total de axudas concedidas por Rede Natura ao Concello de Pantón supera os 20.000 euros en dous anos. O obxectivo destas axudas é o de contribuir a mellorar a paisaxe, o mantemento das condicións ambientais e tamén a recuperación dalgunhas especies. No caso de Pantón, poderán acondicionarse aqueles camiños que estén máis deteriorados, como son os de acceso ás fincas, e tamén colocar a sinalización necesaria. É preciso destacar que na provincia de Lugo os concellos beneficiados son 27 en total.
Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS
Non se pode dicir que Monforte sexa unha cidade na que historicamente se dedicou atención ao
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado do delegado territorial da Xunta en
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou en Pantón a pegada que está a
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou xunto coa directora
• A través dunha proposición non de lei do Grupo Popular que tamén solicita a reactivación