• O Partido Popular voltou a confiar en José Luis Álvarez Blanco, actual alcalde de Pantón, como cabeza de lista para as vindeiras eleccións municipais. Álvarez naceu o 26 de novembro de 1949, está casado, ten dúas fillas e é xubilado de banca. Foi tenente de alcalde entre 2003 e 2007, e ese mesmo ano xa encabezou a candidatura do Partido Popular, ocupando a alcaldía dende entón.
Como afronta a súa candidatura? Afróntoa con moita ilusión, e sobre todo coa intención de seguir traballando como ata agora. Que perspectivas ten de cara ás vindeiras eleccións? Bueno, a nosa intención é a de repetir polo menos os mesmos resultados que nas anteriores eleccións. De feito, penso que os vamos a repetir, aínda que a miña ilusión sería, despois do traballo feito, e creo que ben feito, mellorar sacando outro concelleiro máis.
Poderíamos dicir entón que está garantizada outro mandato? Sí, por suposto que sí.
Cales serán os retos de cara aos próximos catro anos? O principal reto que teño por diante é que xa case está aprobado o polígono industrial, pero tamén queda por sacar adiante o plan urbanístico, e despois que no concello non quede ninguna parroquia sen traída de auga, que soamente quedan dúas, así como instalar os colectores en todos os lugares.
Que balance fai do seu mandato anterior? Persoalmente, creo que o balance é moi positivo. As obras están ahí, fixéronse moitas e aínda quedan outras por acometer, pero teño que dicir que para min foi moi positivo. Xa despois serán os veciños quenes xulguen.
O Concello de Pantón conta con algunha medida de aforro en marcha? Sí, algunhas xa as temos en marcha, poque sexa dito de paso, somos o concello desta zona que máis inviste en aforro enerxético, colocando novos cadros. por exemplo, e cambiando as bombillas. Xa investimos 100.000 euros, e dentro do orzamento deste ano temos previstos outros 100.000 destinados a aforro enerxético. Son consciente de que ao mellor isto é un aforro que non se ve, porque é máis fácil botar cemento nun sitio e comprobar que se fixo a obra, que darse conta de que cambiando as bombillas das farolas se aforran cartos. Pero o Concello de Pantón pensa no futuro en vez de na repercusión electoral destes días.
Como se vai a desenvolver a campaña electoral? Se normalmente hai partidos políticos que durante tres anos e medio se adican a non facer nada ou a intentar parar as obras que fai o alcalde, eu como alcalde e a miña corporación non imos a cambiar o paso. Levamos traballando catro anos e de aquí ás eleccións non vamos a cambiar nada, así que empezarei as eleccións cando gañe as eleccións, non antes.