O Museo do Ferrocarril, máis preto dos rapaces

MªXosé Vega e Luis Blanco, la presentación do tren de 5 pulgadas no Museo do Ferrocarril. EC

As instalacións de Monforte contarán cun tren de 5 pulgadas

• Un novo atractivo educativo e lúdico foi posto en marcha no Museo do Ferrocarril de Monforte. Trátase dun minitren de 5 pulgadas, que goza de gran predicamento entre os aficionados ao mundo ferroviario, pois permite achegalo aos máis novos dun xeito divertido, e constitúe un motivo máis de visita a este tipo de institucións. Na súa visita ao Parque Ferroviario de Monforte, a Vicepresidente Terceira da Deputación, Mª Xosé Vega, apoiou esta iniciativa, para a que o seu departamento ven de destinar unha achega de 14.00 euros. Na súa intervención, o director xerente do Museo do Ferrocarril, Luis Blanco, recordou a importancia que pode ter esta iniciativa, unha vez que se complete con vagóns, como actividade educativa destinada a grupos escolares ou visitas familiares.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte lembra a Manuel María

Seguinte Nova

José Luis Álvarez, alcalde e candidato do PP en Pantón

Últimas noticias sobre TURISMO

A %d blogueros les gusta esto: