•A Comisión organizadora da XXIX Feira do Viño de Quiroga, presidida polo mandatario local, Julio Álvarez, ven de reunirse para perfilar os requisitos para participar na vixésimo novena edición, que terá lugar os días 23 e 24 de abril. Entre estes requisitos está o referido á cantidade mínima, que este ano serán 200 botellas de viño branco e 250 botellas de viño tinto para presentar na feira, e outra cantidade igual ou superior na adega. En canto á graduación alcohólica mínima, esta será de 12º para o viño branco, e de 11,5º para o viño tinto. Asimesmo, a acidez volátil máxima será de 0,5 gr. acético/l. para o viño branco, e de 0,6 gr. acético/l. para o viño tinto. Agora, unha vez que xa rematou o prazo para que os colleiteiros interesados en participar cos seus caldos o comunicaran, dende o pasado 11 de febreiro estánse a realizar os análises organolépticos dos caldos.
Últimas noticias sobre TURISMO
O Alcalde José Tomé Roca, anuncia que “xa poderemos solicitar a declaración de Feira de Interese
Unha variedade de 14 roteiros abrirá as portas nesta nova tempada para que os viaxeiros descubran
O pasado sábado 9 de marzo de 2024 tivo lugar unha xornada moi interesante na Casa
O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra non deixou pasar a oportunidade de facer gala do seu
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, está