•O concello de Sarria acolleu unha edición máis da Festa do Cocido de porco celta, organizada pola asociación Serra do Édramo e varios establecementos do municipio en colaboración co Concello, a asociación Asoporcel e Cárnicas Teijeiro. O evento tivo lugar no pavillón polideportivo e a el asistiron máis de 400 comensais repartidos en 32 mesas. O pregón deste ano correu a cargo do xornalista Luis Rial. Pola súa parte, o xantar contou con sopa de cocido como primeiro prato, cocido de segundo e postres e queimada para rematar. Os encargados de amenizar a xornada foron Marica Cazoleira e Pepe Tixolas, ademáis dun grupo tradicional. A principal novidade deste ano foi que os hostaleiros encargados de promover o acto ofreceron tamén aos clientes na súa carta, cocido de porco celta. Ao final do día tamén se sorteou unha cesta con produtos deste animal.
Últimas noticias sobre TURISMO
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, foi o encargado de presentar no hórreo romano de
Casa dos Muros comeza a funcionar como casa de Turismo Rural en Outeiro, Paderne no 2000.
Arrancou con forza a nova temporada dos catamaráns da Deputación de Lugo pola Ribeira Sacra, pois
• Foi o alcalde José Tomé Roca quen fixo a presentación dunha edición, que de non
• O distintivo «Compromiso de Calidade Turística» recoñece o esforzo e o compromiso coa calidade e