A Volta Ciclista a España, en Sarria o 2 de setembro

Un momento da presentación da etapa da Volta Ciclista a España que pasará por Sarria. OMIX S.

A semana pasada presentouse no Concello de Sarria a etapa número 13 da Volta Ciclista a España, que terá lugar o vindeiro día 2 de setembro, e que discorrerá por este municipio. Ao acto asistiron o director xeral de La Vuelta Ciclista a España, Javier Guillén; o alcalde do Concello, Claudio Garrido; os concelleiros de Deportes, Urbanismo e Turismo, o xefe da Policía local, o cronista oficial do Concello e varios representantes da hostalería sarriana.

A etapa en sí contará cun percorrido de 150 kilómetros que rematará en Ponferrada, e que pasará pola zona dos Ancares. Importantes serán os tres portos de terceira categoría cos que contará, dous deles nos trinta primeiros kilómetros que servirán de adestramento para afrontar o alto de Folgueiras de Aigas, de 945 metros, e o porto dos Ancares, de 1.661 metros.

Pola súa parte, a carreira celebrarase dende o 20 de agosto ao 11 de setembro. Sairá de Benidorm e rematará en Madrid, contando cun percorrido total de preto de 3.300 kilómetros repartidos en 21 etapas. Asimesmo, terá 46 portos, nove deles de primeira categoría (como o de Folgueiras e Ancares), ademáis de 40 kilómetros de contrarreloxio individual e outros once por equipos.

É preciso destacar que Sarria será unha das dez saídas inéditas da Volta nesta edición. Por este motivo, tal e como xa recoñeceu o concelleiro de Deportes, Amadeo López, no seu momento, “trátase dun evento moi importante e beneficioso para o noso municipio, xa que implica atraer máis xente á vila durante uns días, con todo o que iso conelva”, explicou. Deste xeito, algúns dos sectores máis beneficiados serán a hostalería e o turismo, ao que hai que sumarlle a promoción do Camiño de Santiago.

Finalmente, dende o Concello tamén está previsto que todos os centros escolares participen o día da celebración da etapa, colaborando por exemplo co control de firmas.

A etapa de Sarria será a única que pase pola provincia de Lugo. Mentres tanto, no resto da comunidade a Volta Ciclista poderá disfrutarse tamén na provincia de Pontevedra (con 160 kilómetros de percorrido), e na de Ourense (con 171 kilómetros).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sarria aproba os orzamentos 2011

Seguinte Nova

Medidas para frear o ataque do xabaril en Chantada

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss