Barreiro aposta en Monforte por un “pleno” do PP nos 9 concellos do sur de Lugo

De esquerda a dereita, os nove candidatos do PP na zona sur de Lugo.EC

O Partido Popular presentou en Monforte, nun acto multitudinario ao que acudiron preto de 400 persoas, aos seus candidatos para as vindeiras eleccións municipais nas comarcas de Lemos e Quiroga: Bóveda, O Courel, Monforte, Pantón, A Pobra de Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Sober.

Pola súa parte, os encargados de intervir foron o presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro; o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez; o presidente da agrupación de Monforte, Dámaso López; e a candidata á alcaldía deste municipio, Julia Rodríguez.

Barrreiro quixo sinalar na súa intervención “que mesmo podería ser posible facer pleno nos nove concellos cos nove candidatos”, e destacou tamén que “dende os concellos é posible contribuir a arranxar os problemas de España”, e que “o PP é o único partido capaz de xestionar os concellos de xeito responsable”.

Pola súa parte, dos candidatos é preciso destacar que repiten como alcaldes o de Quiroga, Julio Álvarez Núñez; o de O Saviñao, Joaquín González González; o de Pantón, José Luis Álvarez Blanco; e o de Bóveda, José Manuel Arias López. Todos eles tratarán de acadar unha vez máis a maioría absoluta.

Xa no Concello de Sober o candidato é Luis Fernández Guitián, que se estrea como candidato tras relevar a José Gómez, actual alcalde.

Mentre tanto, no municipio de Folgoso do Courel, a candidata do Partido Popular é Dolores Castro Ochoa, quen xa foi alcaldesa despois dunha moción de censura apoiada polo PSOE.

Finalmente, en Monforte, A Pobra de Brollón e Ribas de Sil, o PP conta con caras novas: Julia Rodríguez Barreira, David López Goyanes e Jesús Ballesteros Pardo, respectivamente.

De igual xeito, no concello de Sarria tamén tivo lugar unha presentación simultánea cos candidatos á alcaldía de O Incio, Paradela, O Páramo, Láncara, Sarria, Samos, e Triacastela.

1 Comment

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O titular de Medio Rural presidiu a constitución do Consello de Zona en Monforte

Seguinte Nova

Os adegueiros superan todas as previsións en canto a vendas na XXIX Feira do Viño de Chantada

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: