
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, visitou hai uns días a nova residencia de maiores de Monforte, onde aproveitou para destacar o compromiso da Xunta cos servizos sociais. A nova residencia permitirá triplicar o actual número de prazas públicas para maiores nesta cidade, pasando de 90 a 255.
Lei de Dependencia
Finalmente, Feijóo sinalou a necesidade de cumprir coa Lei da Dependencia (onde a Xunta corre co 73% dos custes) e tamén que no que vai de lexislatura, triplicouse o número de dependentes atendidos, máis de 40.000.