
A deputada do PSOE Carmen Gallego, xunto co candidato á alcaldía de Monforte, José Tomé, e o responsable da executiva local, Emilio Rodríguez, compareceron en rolda de prensa para denunciar o impacto que terá a nova Lei de Augas, especialmente no rural, xa que a Xunta “pretende cobrar tanto pola traída da auga nas parroquias e tamén polos pozos, ademáis de incluir a Monforte como un dos concellos nos que está previsto cobrar o coeficiente de verquidos no 2012”. Asimesmo, Gallego explicou que dende a Xunta non dan a coñecer o Decreto porque “saben que crearán moitos problemas e que os perxudicará nas eleccións”.