Viticultura de precisión para a Denominación de Orixe

Á xornada asistiu numeroso público. ASAJA

O telecentro de Chantada acolleu fai uns días a presentación do proxecto “Viticultura de Precisión na Ribeira Sacra” que organizou conxuntamente o Instituto Tecnolóxico de Galicia e a Organización Profesional Agraria Xóvenes Agricultores. Ante a presentación deste proxecto, os organizadores quixeron destacar algunhas das súas vantaxes, como a posibilidade de predicir pragas ou a calidade dunha colleita, reducir o uso de agroquímicos, caracterizar o clima en función de cada zona do cultivo ou reducir o custo da aplicación.

Froito dun proxecto conxunto de I+D, este sistema baseado na tecnoloxía de redes de sensores inalámbricos (Wireless Sensor Network) estase a probar con éxito en adegas das denominacións de orixe Rías Baixas e Ribeira Sacra, permitindo que o xestor do cultivo acceda en tempo real e por internet á información sobre parámetros críticos do cultivo como a humidade, a luz, radiación solar, temperatura do chan, temperatura ambiental, ou contido da auga do terreo.

É de destacar que durante este acto accedeuse en tempo real e por internet ás parcelas de viñedo, e a unha completa información do seu contexto. Á presentación asistiron viticultores, adegueiros, técnicos e persoal do sector vitivinícola, que amosaron o seu interese por coñecer as particularidades da viticultura de precisión.

No acto interviron Antonio Paz, delegado comarcal de Xóvenes Agricultores, e Analía López, do Instituto Tecnolóxico de Galicia, e estiveron presentes o secretario xeral de Xóvenes Agricultores, Francisco Bello, e o secretario xeral técnico desta asociación, Juan Pérez Orozco.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Medidas para frear o ataque do xabaril en Chantada

Seguinte Nova

Jesús Vázquez Abad, conselleiro de Educación, destacou o traballo do IES Lama das Quendas, de Chantada

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: