Concurso de Camisetas para grupos XXIX edición Feira do Viño de Quiroga

O Concello de Quiroga convoca, para o día 23 de abril, co gallo da XXIX Feira do Viño de Quiroga un Concurso de camisetas para grupos, coas seguintes bases:

1º- Poden participar todos os grupos e colectivos que o desexen a partir de catro integrantes.

2º.- A temática reflectida no deseño e lema das camisetas estará relacionada coa XXIX Feira do Viño de Quiroga.

3º.- Os participantes poden realizar a súas inscricións ata o día 22 na Casa da Cultura ou chamando ao teléfono: 982435125 . O día 23, no recinto da feira, na Caseta de Información do Concello ata as 19:00h.

4º.- O xurado será o encargado/a de pronunciar o pregón.

5º.- Un representante de cada grupo anotado ao concurso deberá acceder ao lugar do pregón , para expoñer a súa camiseta diante do público e do encargado/a de seleccionar ao gañador.

6º.- Establécese un só premio, que consiste nun lote cinco caixas de viño dos participantes no certame deste ano.

7º.- A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.

Máis información: www.concellodequiroga.com, ou tlfno 982 435125 (Casa da Cultura).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O paro e as iniciativas contra o desemprego en Monforte, Sarria e Chantada: os cidadáns opinan

Seguinte Nova

Sesión de Danza Curativa en Sarria

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss