A Casa da Cultura de San Clodio estará lista en breve

A Casa da Cultura de San Clodio, no concello de Ribas de Sil, será rematada grazas ao canon da Deputación de Lugo; así o afirmou o alcalde Miguel Sotuela. O edificio está situado ao lado da casa do Concello e foi construido durante os últimos anos co diñeiro procedente dun programa específico de colaboración acordado no seu día coa Xunta de Galicia. “É unha obra que vamos a facer con cargo ao canon da Deputación; pero por facer un pouco de historia, explicar que o proxecto este é un edificio que foi feito, o que é a estrutura e algúns detalles máis, grazas a un programa de colaboración entre a Xunta de Galicia do goberno bipartito e o Concello”, explicou Sotuela. Agora, os cartos que aporte a institución provincial permitirán preparar a instalación eléctrica e acondicionar o salón de actos, así como dotar ao edificio de parte do mobiliario. “Xa está case todo feito, o único que falta é rematar o interior, o que sería a luz, calefacción, ascensor e algúns mobles”, indicou o alcalde. “Digamos que quedará rematada en breve, ainda que falte algún detalle como por exemplo o baixo, sen acondicionar completamente. A Casa da Cultura contará así con salón de actos de ampla capacidade e tamén un amplo escenario, vestiarios, e outros espazos para varias necesidades e servizos do concello que poderían ser trasladados alí para aliviar certa carga no consistorio”, engadiu. Sotuela quixo apuntar que esta obra ven a completar as inversións que a Deputación vai facer con cargo ao canon eléctrico, e que se traducen en case 70.000 euros. “Teño que lembrar tamén no canon da Deputación un tractor co que xa estamos traballando, e un camión motobomba que me consta que nestes días se adxudica na Deputación”.

En canto a prazos de execución, dende o Concello agardan que as obras comecen canto antes e rematen tamén nun breve período de tempo. “Contamos que nun espazo moi breve de tempo se adxudiquen as obras e se poida comezar a traballar, e en relación a prazos de execución, non sei exactamente se son tres ou seis meses, pero de todas formas non creo que se alongue moito no tempo”, concluiu.

Outras actuacións

A mairores da Casa da Cultura, entre as vindeiras actuacións previstas no Concello de Ribas de Sil, o tenente alcalde, Roberto Castro, sinalou a recuperación dun sendeiro que vai dende a praia fluvial de San Clodio ata a zona coñecida como “o Barco”. “Empeza xusto no final da praia fluvial e remata na desembocadura do río de San Román; e o que se pretende facer alí é poñer en valor dita zona, crear un pouco de xardín, e poñer alumbrado para poder facer o percorrido polas noites”. O acondicionamento deste sendeiro, de aproximadamente 300 metros, está financiado cos fondos do GDR.

“Por outra parte, tamén temos un proxecto de recuperación de fontes, lavadoiros e espazos emblemáticos, que contempla varias actuacións en diversas aldeas do concello, para intentar recuperar eses espazos que foron parte do patrimonio etnográfico do municipio, e que a día de hoxe están en mal estado”, engadiu Castro. Algunhas das recuperacións contémplanse en lugares como Casares e Salcedo.

Xa por último, tamén cabe destacar a actuación nunha praza en San Pedro, “que consiste na recuperación dun espazo completamente abandonado no que se creará unha explanada con bancos, unha pequena fonte e un parque”; así como a construcción dun edificio destinado a aula de pesca, “un proxecto no que temos depositadas moitas esperanzas de futuro”, sinalou o tenente alcalde. “O que se faría sería un edificio de pranta baixa nas inmediacións da praia fluvial, cunha pequena inversión de 45.000 euros, e onde o obxectivo sería poñer en valor o río Sil coa instalación duns pequenos paneis que expliquen a vexetación, a flora e a fauna da ribeira do río Sil. Ao mesmo tempo, crearemos unha aula de pesca coa que tentaremos que excursións, sobre todo de cativos, podan vir aprender a pescar. Ademais, outra das finalidades sería a de fomentar a pesca respetuosa co medioambiente e concienciar sobre isto”. Para dito proxecto o Concello xa conta cunha subvención do Inludes.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Consellos e recursos para a transmisión familiar da lingua galega dende o primeiro momento

Seguinte Nova

Éxito no turismo sobre rodas

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss