A Florida, Caneda e Reigada poderán desenvolver arranxos destinados a locais sociais, vías e espazos deportivos

Gómez Besteiro e José Tomé, cos representantes dos veciños durante a sinatura dos convenios. EC

Redacción – Monforte

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, asinou a pasada semana tres convenios con varios colectivos veciñais de Monforte para a realización de novas actuacións que levará a cabo o organismo provincial. Trátase da mellora da antiga Casa dos Camiñeiros, situada no barrio da Florida na cidade do Cabe; o acondicionamento de 1,2 kilómetros da vía que comunica Teo e Sobrado na parroquia de Caneda, e o arranxo do local social e da pista polideportiva na parroquia de Reigada. Con todo isto, o presidente provincial explicou que o esforzo inversor no Concello de Monforte “acada os cinco millóns de euros”.

Resposta ás demandas dos veciños

O titular provincial quixo destacar así que estas actuacións, dotadas de 40.000 euros, respostan ás demandas dos veciños. Deste xeito, coas obras previstas na Casa dos Camiñeiros, a asociación Eduardo Pondal, colectivo que representa ao barrio monfortino da Florida, contará cun local onde se levarán a cabo actividades dirixidas á terceira idade, así como cursos de formación para o sector da hostalería. Pola súa banda, o arranxo do vial da Caneda permitirá o desenvolvemento de actividades relacionadas coa agricultura e a gandeiría, sectores predominantes na zona. Mentres, coas mellora na Reigada, o organismo provincial logrará que os veciños conten con instalacións de caracter social axeitadas.

Agradecemento dos colectivos veciñais

En canto aos representantes dos tres colectivos, todos quixeron agradecer a colaboración prestada por parte da Deputación, e instaron ao presidente a seguir colaborando con distintas axudas. Neste senso, dende a asociación Eduardo Pondal aseguraron estar orgullosos do colectivo, e apuntaron que esta é xa a cuarta subvención que reciben por parte do organismo povincial, feito que lles permitiu levar a cabo numerosas actividades.

Finalmente, dende a Deputación quixeron deixar claro que estas iniciativas enmárcanse dentro da aposta pola máxima cooperación cos municipios mediante a creación e a mellora dos servizos aos cidadáns, alá a onde aos Concellos lles é máis complicado chegar. Os responsables provinciais recordaron que a inversión en Monforte neste eido ronda os 2 millóns de euros. Como exemplos destacan as obras do canon coas que se acometeron melloras reclamadas polos veciños; pero tamén as actuacións do Plan Complementario dotado dun millón de euros; o programa Innova-TE que permitirá facer trámites coas administracións dende Internet e dotará á Casa Consistorial dunha conexión á Rede de calidade; ou o Plan de Comunidades Veciñais.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis información en torno á tarificación eléctrica

Seguinte Nova

Presentado o plan estratéxico do Impulsa Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: