Antonio Veiga visita o campo do Sangoñedo logo das súas reformas

O delegado de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, na súa visita ao Sangoñedo, acompañado por Ildefonso Piñeiro, e os concelleiros Xesús Mazaira e Olga Otero. GPDL

Redacción-Chantada

O pasado 18 de marzo, o delegado de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, realizou unha visita ao campo de fútbol chantadino de O Sangoñedo para comprobar os resultados das reformas levadas a cabo en ditas instalacións deportivas. Os traballos realizados no campo de fútbol consistiron na substitución da capa de caucho da superficie do terreo de xogo, de céspede artificial, e encargada de amortiguar e absorber os golpes, co fin de solucionar os problemas detectados na prática deportiva. Esta reforma contou coa financiación da Área de Deportes do organismo provincial, que destinou máis de 30.000 euros para este traballo, achega que foi calificada por Veiga na súa visita a Chantada como “unha clara aposta polo apoio aos concellos lucenses no mantemento das súas instalacións deportivas no mellor dos estados para favorecer a prática deportiva”, e que esta actitude foi “unha tónica constante durante toda a lexislatura”. Asimesmo, Veiga lembrou que a Área de Deportes da Deputación de Lugo tamén realizou unha achega económica para dotar ás bancadas do campo de O Sangoñedo de douscentos asentos de plástico con respaldo, colocados sobre a gradería de formigón.

Durante a súa visita, Antonio Veiga estivo acompañado polo tenente de Alcalde chantadino, Ildefonso Piñeiro, e polos concelleiros Olga Otero e Xesús Mazaira. Piñeiro agradeceu a colaboración da Área de Deportes da Deputación de Lugo, e lamentou que a aportación doutras administracións “como a Xunta de Galiza” sexa “praticamente nula”.

Veiga felicitou ao clube de fútbol de Chantada polos seus éxitos deportivos, e gabou o dinamismo asociativo da vila no eido deportivo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Financiación para mellorar os espazos comerciais urbanos

Seguinte Nova

Nocións básicas de consumo responsable en Chantada

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: