Apoio ao soterramento das infraestruturas eléctricas

•Os concellos poderán optar ás axudas de 3,3 millóns de euros que a Xunta promove para este tipo de intervencións •Busca loitar contra o feísmo e a chamada contaminación eléctrica nas vilas

A presenza de cableado externo é unha constante na paisaxe urbana galega.

2,3 millóns de euros será o importe inicial da achega orzamentaria que a Consellería de Economía e Industria está a destinar para apoiar as actuacións que os concellos galegos realicen en materia de soterramento de infraestruturas eléctricas xa existentes. Así o anunciou o pasado 15 de marzo o director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, quen explicou que este importe inicial verase incrementada ata os 3,3 millóns de euros coas novas incorporacións orzamentarias, co obxectivo de “mellorar a calidade de vida dos galegos a través da mellora das infraestruturas de subministración eléctricas”, ao tempo que se busca “beneficiar a todos os concellos, en especial aos máis pequenos, e aos seus habitantes, no actual contexto de crise económica”.

Incremento no importe subvencionable, e fórmulas de pagamento

Segundo explicou o director xeral de Industria, Enerxía e Minas, este proxecto de acordo inclúe, tal e como se fixera con anterioridade, o pagamento de anticipos de ate o 80% das subvencións concedidas sen esixencia de garantías, e incrementa a intensidade da subvención ate o 80%, “moi por riba do 30% que se viña subvencionando ate o de agora”, puntualizou Tahoces.

Javier Guerra, conselleiro de Economía e Industria. CEI

Obxectivos destas axudas ao soterramento eléctrico

Segundo explicou o director xeral de Industria, Enerxía e Minas, esta liña de axudas promovida pola Consellería de Economía e Industria vai dirixida a todos os concellos galegos, co obxectivo de acadar a mellora da calidade do subministro eléctrico, o fomento da eliminación do impacto paisaxístico nas vilas galegas e o incremento da seguridade pública, xa que, segundo explicou Ángel Bernardo Tahoces, se priman os soterramentos nos solos urbanos e a proximidade a centros de interese social como colexios e centros de saúde.

Beneficiar aos concellos máis pequenos

Os datos facilitados polo responsable autonómico apuntan a que esta liña de subvencións beneficiou no pasado ano a medio cento de concellos galegos. Tahoces explicou que, xa que estas axudas se van outorgar en réxime de concorrencia competitiva, queda demostrada “a transparencia da actuación”. Tahoces apuntou que esta convocatoria de subvencións establece como criterios de evaluación, ademais da proximidade a centros de interese social, o tipo de actuación, a tensión da liña, o tipo de solo ou o número de habitantes dos concellos, primando a aqueles que teñen unha menor poboación “e, por tanto, unha menor capacidade para levar adiante estas obras”, declarou Tahoces.

Medidas vinculadas ao eido enerxético e territorial

Na súa intervención, o director xeral de Industria, Enerxía e Minas destacou que esta orde de axudas está incluida dentro da estratexia do Goberno galego de cara á mellora das infraestruturas eléctricas de Galicia, o que implicaría, según Tahoces, un incremento da calidade na suministración da enerxía, conxugada coa preservación do entorno. Asimesmo, Tahoces recordou que esta orde de axudas complementa ás Directrices de Ordenación do Territorio, que contempla o soterramento de tendidos e redes de instalación eléctricas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Traballar pola parroquia

Seguinte Nova

Ramón Fernández, candidato do PP en Chantada:“As perspectivas son boas e loitaremos por chegar coa nosa mensaxe”

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: