As obras de remodelación e construcción das novas piscinas municipais do concello de Chantada avanzan a bo ritmo. Fai uns días foron os propios técnicos os encargados de supervisar ditas obras, que xa comezaron hai aproximadamente un mes, para asegurarse de que pese ás malas condicións meteorolóxicas, non surxan inconvintes a maiores. Deste xeito, as antigas piscinas xa foron derruidas e tamén xa se construiron os novos vasos. O que falta agora sería a realización dos muros co seu correspondente armado e tamén a inclusión do sistema impermeabilizante. A continuación, procederase á colocación dun pavimento poroso, ao peche perimetral das instalacións, implantación de duchas e unha pequena caseta onde se colocarán as bombas e o sistema de filtración. Pola súa parte, as piscinas estarán ubicadas no mesmo lugar que as anteriores e terán as mesmas dimensións.
Últimas noticias sobre DEPORTES
Esta fin de semana o Calasancio inicia a súa colaboración con ITS COMUNICACIÓNS para retransmitir os
Non poido ser. Este ano Eduardo Iglesias viu como unha caída na etapa prólogo do Dakar
Non puido ser, e no primeiro partido o ano 2023, o Club Lemos rompeu a súa
Eduardo Iglesias participou por primeira vez no Dakar no ano 2020 conseguindo o posto 94, en
A medallista mundial de ximnasia rítmica, a búlgara Stiliana Nikolova coa súa adestradora e a da