As obras de remodelación e construcción das novas piscinas municipais do concello de Chantada avanzan a bo ritmo. Fai uns días foron os propios técnicos os encargados de supervisar ditas obras, que xa comezaron hai aproximadamente un mes, para asegurarse de que pese ás malas condicións meteorolóxicas, non surxan inconvintes a maiores. Deste xeito, as antigas piscinas xa foron derruidas e tamén xa se construiron os novos vasos. O que falta agora sería a realización dos muros co seu correspondente armado e tamén a inclusión do sistema impermeabilizante. A continuación, procederase á colocación dun pavimento poroso, ao peche perimetral das instalacións, implantación de duchas e unha pequena caseta onde se colocarán as bombas e o sistema de filtración. Pola súa parte, as piscinas estarán ubicadas no mesmo lugar que as anteriores e terán as mesmas dimensións.
Últimas noticias sobre DEPORTES
Vense de celebrar a cuarta proba da Liga Galega de Promoción Slalom de Piragüismo, que tivo
As competicións de urban downhill están entre as carreiras de mountain bike máis apaixonantes do mundo,
Un ano máis, e van xa 48, celebrouse con notable éxito de público e participación unha
José Antonio Jul Fraga, Josito, o que fora un dos xogadores máis destacados na última etapa
Logo dunha fantástica tempada, a ex xogadora do Korbis, agora no Emevé de Lugo, vén de