Inauguración da remodelada rúa Progreso en Sober •As obras beneficiáronse do plan de axudas Agora Re-comercia

O pasado 24 de marzo tivo lugar a inauguración da remodelada rúa Progreso de Sober, logo do remate das obras que supuxeron unha reurbanización completa desta rúa, unha das principais vías da capitalidade soberina. A actuación realizada contemplou unha ampliación das beirarrúas, o acondicionamento de zonas verdes e a conexión de nova iluminación. Asimesmo, a rúa foi dotada de novos bancos de madeira, papeleiras e diveros equipamento urbán.

Esta actuación no centro de Sober estivo financiada nun 75% pola Consellería de Economía e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, que aportou un total de 180.000 euros para esta mellora.

No acto de reapertura da rúa Progreso estiveron presentes a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, a soberina Raquel Arias, e a directora xeral de Comercio, Nava Castro. Arias gabou o resultado desta actuación, e lembrou que a Dirección Xeral de Comercio está a promover intervencións similares en 15 concellos da provincia a través das axudas do Plan Agora Re-comercia, co fin de “crear entornos comerciais máis atractivos” e que “dinamicen a localidade”. Pola súa parte, a directora xeral de Comercio, Nava Castro, destacou a aposta da Xunta de Galicia polo comercio de proximidade, con medidas como as axudas económicas e a propia Lei de Comercio, “que protexe ao pequeno comercio e potencia o asociacionismo”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober mellora as súas fontes públicas

Seguinte Nova

O sector do viño, a debate en Sober

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: