Nova maquinaria para o servizo de limpeza monfortino

O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, explicou as características do novo equipamento do servizo de recollida de lixo. EC.

O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, e o concelleiro de Medio Ambiente, Antonio Luaces, foron os encargados de presentar fai unhas semanas a nova maquinaria incorporada ao servizo de recollida e transporte de residuos urbáns, limpeza viaria e outros servizos complementarios no concello de Monforte. Os vehículos foron expostos na explanada da Compañía para realizar unha demostración. Entre a nova maquinaria atópase unha baldeadora mecánica de calzadas, un camión con caixa aberta e grúa para a limpeza de vertedeiros, varredoras mecánicas de calzadas e beirarrúas, e un furgón con equipo de auga a presión, entre outros.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A UGT reúnese cos socialistas

Seguinte Nova

Delegación alemana visita unha adega da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: