A agrupación Novas Xeracións do Partido Popular de Lugo celebrou recentemente en Sober unha mesa redonda sobre o Presente e Futuro do Sector Vitivinícola, na que expertos e responsables da Administración autonómica analizaron a situación actual e as perspectivas de futuro da producción de viño na provincia.
Na xornada, á que deu inicio o candidato a alcaldía na localidade, Luís Fernández Guitián, participaron os propietarios de bodegas Don Bernardino e Guímaro, Emilio Rodríguez Díaz e Pedro Manuel Rodríguez Pérez, respectivamente; o presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra e dono de bodegas Décima, José Manuel Rodríguez González, e a directora xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais da Consellería do Medio Rural, Alejandra Álvarez de Mon Riego. No acto, onde se contou coa participación de varios emprendedores implicados nun sector tan relevante para este municipio como é o vitivinícola, tamén participaron a presidenta do PP local, Raquel Arias, e o presidente de Novas Xeracións de Lugo, Daniel Vega. A vicesecretaria Territorial desta agrupación na provincia, Sofía Pérez, foi a encargada de moderar a táboa redonda.
As oportunidades de exportación dos viños desta zona foron un dos temas de debate, xunto con aspectos de actualidade como a reconversión e reestructuración dos viñedos.