Patrimonio relixioso en Pantón:O museo contará cunha parte de hospedaxe

No concello de Pantón está prevista a creación dun museo onde se albergaría o máis destacado e importante do patrimonio relixioso da Ribeira Sacra. Segundo explicou o alcalde, José Luis Álvarez “o tema de momento está parado e en canto á partida presupostaria necesaria para dito proxecto, agardamos que se inclúa no orzamento do ano que ven”.

A intención sería a de ubicalo no convento das Bernardas, á entrada de Ferreira, e tamén acondicionar as instalacións para hospedaxe. En relación a isto, o alcalde de Pantón tamén sinalou que “o albergue non só sería para peregrinos, senón para todos aqueles que desexen vir ás Bernardas, hospedarse e coñecer un pouco máis sobre o entorno”. Unha vez rematado contaría con todo tipo de comodidades, tales como máis habitacións, ata completa un total de 14, aseos, e salas específicas.

Pola súa parte, “o museo sería eminentemente relixioso, e albergaría as obras de arte que a día de hoxe hai nas igrexas da zona. Ademáis, é de destacar que nun principio a entrada a este museo sería gratuíta, de xeito que tería que autofinanciarse”, engadiu Álvarez. Ao mesmo tempo, e aproveitando os recursos existentes tamén se organizarían outro tipo de exposicións, “sen embargo, a idea principal é a de acoller as obras relixiosas; hai que ter en conta que o patrimonio que a día de hoxe existe na zona, está moi repartido, e en moitos casos sen acceso para o público”, explicou o alcalde.

Polo de agora, Concello e Obispado están dacordo no modelo de museo, así que de momento só queda agardar polo financiamento. Fai uns meses, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, visitaba Pantón e de paso as instalacións do convento de Ferreira. Naquel momento comprometeuse a estudar o proxecto; un proxecto que foi redactado polo arquitecto Iago Seara.

Por outra parte, “a idea de albergar un museo destas características en Pantón tamén sería beneficioso para o pobo”, xa que de todos é sabido que no municipio “abonda a arquitectura relixiosa, que sumada á ruta do románico conseguiría atraer máis xente á vila”, concluiu o alcalde.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 700.000 euros en melloras nas parroquias de Pantón

Seguinte Nova

Aberto o prazo para inscribirse no programa Xuventur

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: