Ramón Fernández, candidato do PP en Chantada:“As perspectivas son boas e loitaremos por chegar coa nosa mensaxe”

Ramón Fernández, cuarto pola dereita, o día da súa presentación. PPL

Ramón Fernández Reinoso naceu en Sabadelle (Chantada) hai 34 anos. Cursou estudos de Empresariais e é empresario do sector agrícola. Aínda que militante do PP dende hai moitos anos, inicia agora como cabeza de lista a súa andaina política, que di afrontar con moita ilusión.

Como afronta a súa candidatura?

Con moita ilusión, con moita forza e con moitas gañas de traballar, porque Chantada e os chantadinos son o meu pobo e a miña familia, así que para diante.

Que perspectivas hai de cara ás eleccións?

Primeiro traballar moitísimo, logo sacar unha maioría absoluta, chegar a todos os veciños coa miña mensaxe e que, por suposto, confíen en nós.

De gañar as eleccións, cales son os seus principais retos?

Sen lugar a dúbidas, primeiro o emprego, crear postos de emprego; e en segundo lugar, que é outra das ilusións que temos os chantadinos, axudar a conseguir esa identidade propia traendo as inversións necesarias para que o noso pobo poda funcionar. I é que, ainda que Chantada é un municipio que está bastante ben en comparación con outros, sempre hai cousas que mellorar. Ainda así, o máis importante é o emprego, sen dúbida.

Contempla a posibilidade de gobernar en coalición?

Nós só nos uniríamos con outro grupo antes das eleccións, pero despois das eleccións non, por respeto aos nosos votantes. É dicir, a partir do día 22, non nos uniríamos con ninguén baixo ningún concepto. Como vai a desenvolver a súa campaña? Ainda estamos a elaborar un calendario, pero queremos contar con todos os nosos afiliados e falar con eles, por iso tamén iremos porta por porta. Tamén veñen de inaugurar oficina o pasado día 21.

Cal será a súa función?

Sobre todo, a de estar máis a pé de rúa e máis preto da xente para que as persoas nos poidan comunicar as súas suxerencias e inquedanzas. Trátase de que antes das eleccións nos axuden a conformar o noso programa electoral coas súas propostas.

Pódenos adiantar que incluirá ese programa electoral?

Fundamentalmente, propostas orientadas cara o sector vitivinícola, propostas tamén orientadas cara o sector gandeiro e agrícola, e tamén cara o ámbito do turismo. Pero tampouco imos esquecer o polígono industrial nin as comunicacións por estrada como son as autovías máis importantes.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Apoio ao soterramento das infraestruturas eléctricas

Seguinte Nova

Axudas para os viñedos: Reestructuración e reconversión da viña

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: