Ribas de Sil terá un parque de bicicletas

Dende o Concello de Ribas de Sil informaron de que unha das próximas obras a acometer nos vindeiros días será a creación dun parque de bicicletas. Trátase dunha obra financiada polo GDR e pola Deputación de Lugo, que conta cunha inversión total de 40.000 euros (23.000 euros por parte do GDR, e 17.000 por parte da Deputación). O proxecto consiste na recuperación dun espazo degradado nas inmediacións do colexio público de San Clodio, na parte traseira, que non tiña ningún uso e que agora se lle pretende dar coa creación deste parque de bicicletas. Pola súa parte, o recinto contará cunha zona de acrobacias con circuito pechado. O obxectivo do Concello é o de fomentar o uso deste medio de transporte alternativo ao mesmo tempo que se pon en valor dita área. Tamén é de destacar que dende o goberno municipal agardan que a iniciativa teña unha boa acollida.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Éxito no turismo sobre rodas

Seguinte Nova

Máis de 700.000 euros en melloras nas parroquias de Pantón

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: