Presentación en Monforte do libro de Antón Patiño «Lois Pereiro.Radiografía do abismo»

O próximo venres 8 de abril, ás 20 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Monforte de Lemos a presentación do libro «Lois Pereiro. Radiografía do abismo», de Antón Patiño. O pintor monfortino achégase nesta obra á figura do poeta homenaxeado no Día das Letras Galegas, achegamento que Patiño realiza dende moi distintas perspectivas. Mergullándose na poesía e nos ensaios de Pereiro, Antón Patiño fai unha análise en profundidade da súa aportación literaria, ao tempo que debulla o contexto da vida e obra do poeta monfortino coas influencias musicais e cinematográficas, centrándose na importancia da cidade de Monforte de Lemos na traxectoria do escritor de «Poemas de Amor e Enfermidade, 1992-1995».

Na presentación do libro  «Lois Pereiro. Radiografía do abismo» intervirán Antón Patiño, autor, e o editor Miguel Anxo Fernán Vello, xerente do selo Espiral Maior.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Exhibición de Pedro Burgo nas Xornadas Guímaras

Seguinte Nova

Monforte acollerá o 9 de abril a III Degustación da Zoca do Espía e o Mercado do Pan

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: