Todo listo en Sober para a XXXI Feira de Amandi

Os vindeiros 16 e 17 de abril terá lugar a trixésimo primeira edición da Feira do Viño de Amandi en Sober cun total de 22 colleiteiros, e na que se agarda a afluencia de miles de persoas. María del Carmen Agrelo, concelleira de Cultura, e José Gómez, alcalde de Sober, destacan por encima de todo o viño como o futuro do concello.

A concelleira de Cultura e o alcalde de Sober na presentación da Feira do Viño de Amandi. EC

Que supón para Sober esta Feira do Viño?

MC: Os dous pensamos da mesma forma, que a Feira do Viño de Amandi para Sober supón un dos días máis importantes do ano, porque hoxe en día está considerada unha feira de Interese Turístico, con recoñecemento a nivel de Galicia totalmente logrado. Para Sober é moi importante porque somos todo o cañón do Sil, e un pouco o corazón da Ribeira Sacra. Ademais, en case todas as casas hai colleiteiros, todos teñen unha adega, ao igual que o alcalde e mais eu. Entón penso que o viño é un reclamo moi importante para todos os veciños pensando nun futuro económico co que toda a poboación se poida manter, seguir crecendo e dando a coñecer o noso produto. A nivel turístico é moi importante tamén porque o viño vai acompañado da paisaxe de Sober. Somos o corazón do cañón do Sil, temos os bancais nunha zona espectacular, e sobre todo hai que recoñecer o duro traballo dos adegueiros, porque é un viño moi logrado e o traballo é todo manual. Asimesmo, abarcamos todos os miradores do cañón, tamén temos o románico de Sober e os petroglifos. E xa a nivel cultural, destacar que ao igual que en cada casa temos un colleiteiro e unha viña, tamén temos un músico e un xarro da alfarería de Gundivós.

Que novidades teñen este ano?

MC: O programa é moi completo. Destacar que haberá autobuses o domingo pero este ano tamén o sábado a maiores. O pregoeiro será o humorista galego David Amor, e despois por suposto non faltará a música nin as catas. Máis ou menos estamos mantendo o que é a clásica Feira do Viño de Sober, porque o que pretendemos é exaltar o produto do viño. E como innovación, pois intentamos sempre cambiar os catadores e mellorar a feira cada ano a nivel de infraestruturas; todo pese a ser un concello pequeno e ter un presuposto pequeno, así que, dende aquí, grazas por todas as axudas tales como as da Xunta de Galicia, da Fundación Artesanía de Galicia e da Deputación de Lugo.

JG: Sexa como sexa hai que apoiar sempre aos adegueiros porque o noso futuro hoxe en Sober é o viño. Aquí hai 40 adegas declaradas, pero aparte, todo o mundo ten unha adega, e o que non fai viño para etiquetar vende as uvas ou vende o viño como pode, así que hoxe o futuro do concello é o viño.

Cantos adegueiros participan este ano?

MC: Son 22, dous máis que o ano pasado. E destacar tamén que en canto a afluencia de público, en anos anteriores falamos de miles de persoas, e temos claro que ano a ano medra por centos.

Un evento destas características dá moito traballo, pero a recompensa é maior, non?

MC: Sí, sen lugar a dúbidas, levamos case un mes tirándonos dos pelos porque os días deberían ter 30 horas en lugar de 24, así que por iso quero agradecer a todo o persoal do Concello que traballou duramente, e tamén aos adegueiros e a todos os que colaboran. Agora só desexamos que chegue o día, porque despois de haber traballado duramente sínteste orgulloso e só queres que todo saia ben e que a xente disfrute da Feira do Viño.

JG: É máis, temos que agradecerlle aos colleiteiros a boa elaboración que fan dos seus caldos, porque grazas a todo o seu traballo podemos presumir neste concello e en toda a Ribeira Sacra, que en viño tinto eu creo que temos, por non dicir o mellor, un dos mellores do mundo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

25 millóns de euros de remanentes para sanear as contas e acometer novas actuacións

Seguinte Nova

Exposición «Lois Pereiro. Camiño do Futuro Libremente»

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss