6 millóns para o arranque das obras do centro de recría Gayoso Castro

A recría de raza rubia supónlle aos gandeiros recorrer a centros doutras comunidades autónomas. Arquivo EC

Na segunda quincena de abril iniciaranse as obras do Centro de Recría que a Deputación construirá na Granxa Gayoso Castro, no municipio de Castro de Rei. As obras contan cun investimento de 6 millóns de euros, financiados ó 100% con fondos provinciais, e está previsto un prazo de execución de 9 meses. O organismo provincial dividiu a licitación das obras en dúas fases e o INLUDES aprobaba nos pasados días a dotación orzamentaria para os primeiros traballos, que era ratificada no último pleno provincial.

Iniciativa pública novidosa en España

O centro de recría Gayoso Castro suporá o primeiro complexo gandeiro de titularidade pública destas características no Estado español. Este proxecto é un dos máis ambiciosos impulsado e presentado, xa o pasado ano, pola Deputación de Lugo, que investirá nel máis de 12 millóns de euros. Segundo os impulsores deste proxecto, o centro de recría Gayoso Castro está pensado para aforrar un número significativo de custes aos gandeiros da nosa comunidade, que teñen que realizar fóra a recría dos animais. O servizo, que foi presentado xa hai dous anos como unha gran aposta ante diferentes administracións, políticos e profesionais do sector terá a capacidade de albergar 3.000 novillas. O custe estimado por cada exemplar ascende desta maneira aos 1.000 euros. O modelo de xestión medioambiental de residuos será especialmente anotador, xa que os residuos pasarán a converterse en enerxía na súa totalidade. Pero o obxectivo prioritario do novo uso de Gayoso Castro será a mellora genética do gando vacún con exemplares de elite que contribúen a facer máis competitivas ás gandeirías galegas nun momento no que deben reforzarse ante a crise.

As obras

Actuarase na totalidade da superficie da granxa, o centro ocupará 7 hectáreas e comezarase polo movemento de terras e desbroce, así como pola limpeza e reparación de parte dos edificios existentes, xa que segundo indica o presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, trátase de aproveitar na medida do posible a construcción actual, que ocupa arredor duns 4.000 metros cadrados, que hoxe en día quedaron practicamente en desuso. Despois construiranse as 13 naves que acollerán as novillas, ocupando unha extensión de 25.000 metros cadrados. En paralelo a este proceso, instalarase o saneamento, abastecemento de auga e servizo eléctrico. Tamén dentro destes 6 millóns de euros, acometerase o traslado do invernadoiro da granxa que ulilizan os alumnos do centro de formación de Castro de Rei aos terreos da granxa que se atopa ao outro lado da estrada. Cando chegue o momento da segunda adxudicación, contrataranse as obras de urbanización, dotación interior das naves e estación depuradora.

Críticas á Xunta

Gómez Besteiro aproveitaba o anuncio destas obras para criticar novamente que a Xunta “non fose capaz de poñer nin un só euro para a construción do proxecto gandeiro máis revolucionario levado a cabo nas últimas décadas na Comunidade, ó triplicar a capacidade dos 14 existentes, e que retrasase máis dun ano a concesión da declaración de impacto medioambiental”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Pasos cara ás municipais

Seguinte Nova

Estratexias conxuntas e axudas para o relanzamento do turismo rural

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

   
A %d blogueros les gusta esto: