Chantada debate os orzamentos

No último pleno, no Concello de Chantada debatíronse entre outros aspectos, a aprobación dos orzamentos, cifrados en 5.600.000 euros. Xosé Manuel Ledo, concelleiro de Obras explicou que “é necesario dicir que baixaron considerablemente os impostos de licenzas de construción, e logo tamén a partida que ven da Xunta de Galicia, que se viu reducida nuns 400.000 euros. Realmente a única administración que mantén ou aumenta as súas inversións é a Deputación provincial”. De igual xeito, o concelleiro de obras quixo destacar o plan Lugo Emprega da Deputación, “xa que grazas a el, en Chantada reduciuse considerablemente o paro”. Por outro lado, no mesmo pleno o BNG presentou unha moción para que o Ministerio de Fomento inclúa entre as súas prioridades a reanudación das obras da autovía Lugo-Ourense, e conte co financiamento suficiente para rematalas. Finalmente, Ledo informou de que nos vindeiros días terán lugar unha serie de obras nas rúas da localidade. “Imos realizar o que é a sustitución do aglomerado na Rúa Nova debido a que o deixaron mal colocado, e tamén vamos actuar na marxe dereita da Avenida de Lugo, sustituíndo unha das beirarrúas e os sumidoiros”. Pero a maiores destas obras, no concello de Chantada tamén se estivo dotando de aglomerado en quente a dez quilómetros de vías da Deputación provincial. Por outra parte, Ledo tamén indicou que xa foi adxudicada a obra do novo auditorio. “Adxudicouse á empresa Framiñan de Lalín, por un importe de algo máis de 900.000 euros, e está previsto que as obras comecen dentro dunha semana aproximadametne”. O prazo de execución é de sete meses.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O telecentro chantadino, espazo de aprendizaxe

Seguinte Nova

A Zoca do Espía anima o comercio local

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss