No concello de Sarria xa comezaron as obras das novas piscinas, unhas obras que están financiadas pola Deputación provincial; concretamente a piscina climatizada que o Concello construirá no barrio das Insuas. Segundo explicou o alcalde, Claudio Garrido, “estes días atópanse a facer o estudo da zona, pero ao adxudicar a obra e despois de cerrar esta etapa pronto comezarán coa infraestrutura”.
XIMNASIO, SALAS POLIVALENTES E SPA
Esta constará de dous vasos, un de 25 metros de longo por 12,5 de ancho e outro de iniciación duns 90 metros cadrados. Ademais, disporá de ximnasio, catro salas polivantes e espa. A actuación enmárcase dentro do Plan Extraordinario de Obra Pública, dotado con 60 millóns de euros procedentes de fondos propios da Deputación. Concretamente, inclúese dentro da partida de 9.650.000 euros destinada a convenios cos municipios para a execución de obras e mantemento de servizos municipais. “
DEMANDA VECIÑAL DE TODA A COMARCA
É unha actuación moi importante porque toda a comarca levaba demandando esta obra dende o ano 95, e ademáis a Xunta de Galicia nunca tivo a ben poder financiar esta obra nin colaborar con ela”, engadiu o alcalde. Claudio Garrido tamén sinalou que despois de que a Xunta de Galicia non contemplase a execución da obra decidiu reunirse co presidente da Deputación, Xosé Ramón Gómez Besteiro. “Mantivemos unha reunión e a partir dese momento a Deputación colabora na financiación da obra con 1.500.000 euros”. En canto ao prazo de execución, o alcalde explicou que a empresa comprometeuse, “unha vez iniciadas as obras, a rematalas nun prazo de seis meses; así que imaxino que a finais deste ano ou comezos do que ven, as piscinas estarán xa en funcionamento”.