No concello de Chantada xa se puxo en marcha a segunda fase do Pacto Provincial polo Emprego, co que a Deputación de Lugo está a formar dende o pasado mes de marzo a desempregados da provincia nas profesións con máis saída. Neste senso, os chantadinos están a participar da acción formativa “Operacións auxiliares de fabricación”, un curso de 380 horas. Pola súa parte, na segunda fase do programa da institución provincial, que está co-financiado nun 80% polo Fondo Social Europeo, participarán os últimos 288 seleccionados dos 576 aos que vai dirixida a iniciativa, que inclúe 24 novas accións formativas de oito especialidades diferentes. Así é que tamén no concello de Chantada, ao igual que noutros municipios, está a desenvolverse paralelamente un curso de “Auxiliar de enfermería en xeriatría”, composto de 300 horas de duración.
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
• Agromuralla e UCGAL monitorizarán os prezos do leite desde as granxas ate os puntos de
•O programa a nivel de edificio prevé subvencións de ata 30.800 € para mellorar a eficiencia
• A través do programa, virtual e gratuíto , ofreceranse aos interesados retos diarios de 15
• Lorenzo López, empresario dunha cadea hoteleira en Canarias, con raíces en Pantón, está rehabilitando o
• Nun espectacular concerto en catamarán, no que se estreou “ Meu Camiño”, fusionando a música