Estratexias conxuntas e axudas para o relanzamento do turismo rural

A recuperación de aldeas rurais é un fenómeno existente na Ribeira Sacra en aldeas como a Míllara.Arquivo EC

A Consellaría de Turismo vén de publicar unha liña de axudas para a mellora dos restaurantes de Galicia, a creación de aldeas de turismo rural e a mellora dos establecementos rurais e a súa oferta complementaria. Cada unha destas liñas conta dunha dotación dun millón de euros. As subvencións serán cofinanciadas polo Feder ao 70%.

Accións subvencionables en restaurantes e turismo rural

Entre as actuacións susceptibles de finanzamento está a de mellora das instalacións dos restaurantes; a realización de obras para accións de accesibilidade e supresión de barreiras físicas e sensoriais; obras para a mellora da sustentabilidade nos establecementos (aforro enerxético en auga, redución da contaminación acústica ou lumínica, entre outras); obras de renovación e mellora de cociñas, baños e comedores; mellora de garaxes e aparcadoiros e mellora de servizos ou ampliación de tecnoloxías e sistemas de organización na xestión. No caso da liña de axudas ao turismo rural, a orde contempla tres eixos específicos, que son as axudas a proxectos de creación de aldeas rurais; proxectos de mellora de aldeas rurais ou establecementos existentes de turismo rural e proxectos de creación ou mellora da oferta complementaria como turismo de natureza, turismo mariñeiro ou enoturismo, entre outros que teñen acadado un gran auxe nos últimos tempos. O prazo de presentación destas solicitudes remata o 30 de abril.

Turismo e Medio Rural

Nesta mesma estratexia turística, as consellarías de Turismo e Medio Rural asinaron nestes días un convenio destinado a fomentar unha serie de actuacións conxuntas en varias áreas, referidas á ampliación dos distintivos de calidade, a promoción do termalismo ou as estratexias de desestacionalización do turismo rural.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

6 millóns para o arranque das obras do centro de recría Gayoso Castro

Seguinte Nova

O BNG de Chantada reclama o aluguer para vivendas

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

CENTRO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Publicidade O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual
Ir aInicio

Don't Miss