Mostra pictórica de Isauro González Pereira en Chantada

A Casa da Cultura chantadina acolle a obra de Isauro González. ML.

A Casa da Cultura de Chantada acolle unha exposición de Isauro González Pereira; unha mostra que xa percorreu lugares como Xinzo de Limia ou Verín, e que se compón de obras cunha temática moi relacionada coa propia vida do autor.

De que se compón a mostra?

A mostra compónse de 12 óleos, catro acrílicos e oito debuxos. E bueno, a temática como xa dixen a outros medios é intimista e con presenza de figuras femininas. Son temas relacionados coa miña vida, como poden ser por exemplo o campo, o ensino que é a miña profesión, a natureza e a muller; que sempre foron as temáticas que tratei. Ainda que nun principio só me adicaba a pintar a figura feminina. Teño entendido que leva vostede moitos anos pintando e tamén regalando cadros.

A que se debe iso?

De forma un pouco profesional hai 25 anos que pinto, ainda que xa comezara antes, e bueno, ao principio sí é certo que regalaba algunhas obras a amigos e así, pero non todas. Agora sí que xa non regalo ningunha, só as vendo.

É certo que só expón vostede en lugares cos que mantén algún vínculo sentimental?

Exactamente, vínculos sentimentais é a palabra clave. É así porque son lugares que me espertan algún sentimento. E bueno, por iso a exposición pasou por Verín, Xinzo de Limia e agora Chantada. Despois disto penso descansar e estar alomenos un ano ou dous sen realizar exposicións, só adicándome a pintar.

Ten algún outro proxecto en mente?

Sigo pintando ainda que non pense en expoñer. O que quero dicir é que ainda que ás veces me chaman dalgún sitio para expoñer non o fago, porque a min gústame expoñer onde eu quero, é así de sinxelo. E bueno, se vivira única e exclusivamente disto tería que adaptarme, pero como non é así, ao final levo as miñas obras onde eu quero. A pintura é un acto de amor, de sentimento profundo, e eu non son un mercantilista.

Sendo así, arrepentiuse de regalar algún cadro?

Non, porque os que regalei ou vendín foi coa condición de poder volver a velos e visitalos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Arturo Ceide: O pintor do viño

Seguinte Nova

Peticións ao Concello de Monforte dende o CCU e UGT

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: