Presentación oficial do PSOE

Tomé reivindica a creación de emprego

Acto de presentación de José Tomé como candidato do PSOE á alcaldía de Monforte. PSOE

Os socialistas de Monforte, afiliados e simpatizantes acudiron o pasado sábado día 2 de abril á presentación oficial do candidato do PSOE, José Tomé Roca, para os vindeiros comicios; un acto ao que tamén asistiu o presidente da Deputación de Lugo, entre outros, e que se celebrou no restaurante Don Manuel ante centos de persoas.

No seu discurso, Tomé destacou a súa candidatura como “paritaria e cremallera, co mesmo número de homes que de mulleres, formada por 17 titulares e 10 suplentes”. Pero unha vez máis, destacou especialmente o tema do emprego. Así, facendo alusión ao peche de empresas durante os últimos anos, explicou que a única solución “é traer empresas e crear emprego, posto que se hai empresas hai emprego, hai soldos, hai ingresos económicos, capacidade de gasto, medra o comercio, medra a economía e medra polo tanto o concello”. Con estas palabras o candidato socialista non desaproveitou a oportunidade para lembrar aos presentes o seu compromiso con Pacadar. “Por primeira vez en máis de 30 anos vaise a instalar unha gran empresa en Monforte, o que supón a creación de máis de 100 postos de traballo directos e moitos máis indirectos”, sinalou. Finalmente, Tomé destacou outros retos a conseguir, de gañar as eleccións municipais, tales como o Plan Xeral de Ordenación Municipal “que aínda está sen facer”, grandes infraestruturas como a A-76, a variante da Alta Velocidade Ourense-Lugo, a Vía de Alta Capacidade de Nadela-Sarria-Monforte, o Porto Seco, ou a residencia da Chacinera.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Peticións ao Concello de Monforte dende o CCU e UGT

Seguinte Nova

Pasos cara ás municipais

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss