
A candidata do PP en Monforte ás vindeiras eleccións, Julia Rodríguez, mantivo fai unhas semanas un encontro coa presidenta da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra, Aída Menéndez. Trátase dunha ronda de contactos inciados dende a asociación cos aspirantes á alcladía na cidade do Cabe para informalos sobre os traballos que levan a cabo dende o ente asociativo. Deste xeito, a presidenta da asociación informou a Julia Rodríguez do traballo realizado durane os últimos anos co obxectivo de recuperar e promocionar esta ruta de pereginación a Santiago de Compostela, e pediulle o seu apoio para convertir este camiño en oficial.