Obras na comarca de Sarria

En Láncara está previsto que rematen este mes

Visita do presidente da Deputación de Lugo a Láncara e Samos. DL

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, desprazouse ata Láncara, onde comprobou in situ o estado das obras que o organismo provincial está a levar a cabo na estrada CP 2703 que vai de Pobra de San Xillao a Carracedo, na que o organismo provincial inviste 300.000 euros dentro do Plan Extraordinario de Obra Pública. Os traballos, que se están a executar no treito comprendido entre o punto quilométrico 0,400 ao 2,280 está previsto que rematen a finais do mes de abril. Aproveitando a viaxe, Besterio tamén se desprazou ata o concello de Samos, onde asinou co alcalde deste municipio, Julio Gallego, un convenio para a execución de novas obras en diferentes localidades. Así, tal e como se especificou no acordo, o organismo provincial financiará estas actuacións con 253.000 euros.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Vivendas protexidas e en aluguer: A Xunta deu comezo á adxudicación en Monforte, Sarria e Chantada

Seguinte Nova

UGT-Lemos celebra o 1º de maio

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss