Haberá pegada de carteis e ofrendas frorais
Mario Docasar, de UGT-Lemos presentou esta semana os actos que levarán a cabo con motivo da celebración do primeiro de maio. Deste xeito, e como ven sendo habitual, en primeiro lugar celebrarase unha pegada de carteis e logo unha ofrenda floral no busto de Pablo Iglesias, fundador da UGT, na praza da Estación, e acto seguido, unha homenaxe a Luis Valentín Rodríguez Dacal, militante do sindicato falecido recentemente. A ofrenda ao busto terá lugar este venres ás seis da tarde, mentras que a homenaxe celebrarase ás sete da tarde no cementerio de Monforte. Durante a presentación dos actos, Docasar aproveitou a ocasión para lembrar, que con motivo da celebración do Día Internacional da Seguridade no Traballo, a inspección de traballo debería ser máis rigurosa nas empresas da zona, debido ao alto índice de siniestralidade.