UGT-Lemos celebra o 1º de maio

Haberá pegada de carteis e ofrendas frorais

Mario Docasar foi o encargado de presentar os actos do 1 de maio. EC

Mario Docasar, de UGT-Lemos presentou esta semana os actos que levarán a cabo con motivo da celebración do primeiro de maio. Deste xeito, e como ven sendo habitual, en primeiro lugar celebrarase unha pegada de carteis e logo unha ofrenda floral no busto de Pablo Iglesias, fundador da UGT, na praza da Estación, e acto seguido, unha homenaxe a Luis Valentín Rodríguez Dacal, militante do sindicato falecido recentemente. A ofrenda ao busto terá lugar este venres ás seis da tarde, mentras que a homenaxe celebrarase ás sete da tarde no cementerio de Monforte. Durante a presentación dos actos, Docasar aproveitou a ocasión para lembrar, que con motivo da celebración do Día Internacional da Seguridade no Traballo, a inspección de traballo debería ser máis rigurosa nas empresas da zona, debido ao alto índice de siniestralidade.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Obras na comarca de Sarria

Seguinte Nova

Aída Menéndez reúnese coa candidata do PP en Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: