O ministro de Fomento presenta as candidaturas
O Ministro de Fomento e vicesecretario xeral do PSOE, José Blanco, acudiu este domingo a unha comida en Sarria coa candidatura socialista deste concello ao completo. A cita tivo lugar despois da presentación das candidaturas socialistas de O Páramo e Paradela. Na comida tamén estiveron presentes o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, e o secretario da Executiva provincial do PSdeG-PSOE de Lugo, Ricardo Varela.